Asina a Iniciativa Cidadá! A auga é un ben común e público, ademais de elemento esencial para a vida, non unha mercadoría para que unhas poucas multinacionais fagan negocio. A auga foi declarada pola ONU, xunto co saneamento como un Dereito Humano Universal [*]. Necesitamos uns servizos de auga e saneamento de xestión pública e social, democráticos, transparentes, eficaces, sostíbeis, economicamente accesíbeis e centrados nas persoas. Que garantan auga potábel, limpa e segura; e un saneamento integral, a un prezo xusto e solidario. Esta Iniciativa Cidadá ten por obxecto promover a apertura dun debate público aberto á cidadanía ao abeiro do disposto, sobre Audiencia Pública no Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol, onde, o goberno municipal, dea conta á cidadanía do conxunto de elementos que conforman o convenio sobre o saneamento, o protocolo, a encomenda de xestión e a ordenanza que regula as taxas, entre outros. Segundo o Regulamento citado, por tratar-se dunha demanda ou problema de carácter global ou xeral e que afecta ao conxunto do territorio municipal, a porcentaxe de sinaturas verificables de poboación maior de 16 anos (62.826 segundo o INE en dados 2013) que como mínimo teremos que recadar, para solicitar a Audiencia pública, ascenderá ao 10% do censo municipal (6.283 sinaturas).

Dentro da Inicitiva Cidadá e ao amparo do disposto no citado Regulamento de Participación Cidadá, ademais da solicitude de Audiencia Pública, presentamos unha Iniciativa Popular coa proposta para a remunicipalización da auga e o saneamento, polo que solicitamos que se nos dea voz á cidadanía a través dunha Consulta Popular. Segundo o Regulamento citado a porcentaxe de sinaturas verificables de poboación que como mínimo teremos que recadar, para solicitar a Consulta popular, ascenderá ao 10% do censo electoral de Ferrol (63.220 persoas censadas nas Eleccións europeas do 2014), 6.322 sinaturas.

Apoian esta Inciativa Cidadá: A.C. Fuco Buxán, ADEGA - Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Anova - irmandade Nacionalista, Colectivo Ártabra 21, Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Esquerda Unida – EU, Espazo Ecosocialista Galego, PODEMOS, Veciñ@s de Recimil e VERDEGAIA. Máis información en: http://augaesaneamentodeferrol.blogspot.com.es/ [*] O 28 de Xullo de 2010, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas a través da Resolución A/RES/64/292 declarou a auga limpa e segura e o saneamento, un dereito humano esencial para gozar plenamente a vida e todos os outros dereitos humanos.

Manifesto Iniciativa cidadá pola xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento en Ferrol. Nestes momentos de grave crise económica e social o goberno do Estado está a levar a cabo un proxecto custosísimo de saneamento tecnicamente obsoleto e desfasado. O proxecto consiste nunha depuración intensiva e unitaria (mestura de augas residuais e pluviais), que implica ademais unha depuración insuficiente e insustentábel, cuns altísimos consumos enerxéticos e custos de mantemento. Todo isto supón unha suba xeralizada das taxas que deberán sufragar as veciñas e veciños de Ferrol. Por todo isto avogamos que se proceda a un estudo de introdución paulatina de melloras técnicas que non supoñan a paralización do saneamento e que viabilicen a obtención dun sistema máis idóneo de depuración de augas. Este proxecto non contempla o tratamento das verteduras industriais á ría (Reganosa, Forestal do Atlántico, Megasa, Navantia, Autoridade Portuaria, a Armada, etc...), e esquece o saneamento da zona rural, aínda pendente. Preténdese ademais, un modelo administrativo semiprivado da explotación da auga en Ferrol outorgando, dunha forma que vulnera as premisas básicas da contratación pública, a súa administración a Emafesa. Isto supón a renuncia á necesaria remunicipalización do servizo de augas, obxectivo ineludíbel de xustiza social para o conxunto da cidadanía ferrolá. Non se busca o mellor para todos e todas, senón outras prioridades. Asemade, o convenio asinado en xullo de 2012 por Augas de Galicia e ACUAes cos concellos de Ferrol e Narón significa que será a veciñanza destes concellos a que vai ter que pagar durante 50 anos a parte correspondente ao Estado, inhibíndose este de asumir o custo, mais non o control que exerce a través de ACUAes. Levamos xa moitos anos de atraso no saneamento da nosa ría, con investimentos públicos millonarios que non serviron para nada. Máis aló destes investimentos, precisaríanse tamén campañas de concienciación da cidadanía co fin de reducir e racionalizar as verteduras en orixe. A veciñanza da ría de Ferrol ten dereito a un saneamento integral da ría, e moito máis a xente que vive directamente da explotación dos seus recursos. Non podemos renunciar a este obxectivo inexcusábel para o futuro económico da comarca. A veciñanza ferrolá ten dereito a uns servizos que sexan públicos e eficientes, e que non fiquen nas mans de espurios intereses privados, o que nos ten levado a esta situación de drama social en que vivimos. Neste contexto cremos necesaria a apertura dun debate público aberto á cidadanía ao abeiro do art. 17. Audiencia Pública do Regulamento de Participación Cidadá vixente no Concello de Ferrol, onde se nos dea conta do conxunto de elementos que conforman o convenio sobre o saneamento, o protocolo, a encomenda de xestión e a ordenanza que regula a taxa, entre outros. Así mesmo, consonte ao artigo 19 de dito Regulamento de Participación Cidadá, presentamos unha iniciativa popular baseada na REMUNICIPALIZACIÓN da auga e o saneamento, que incorpore unha consulta popular. Ferrol, Xullo de 2014

Folleto-Informativo-Iniciativa.pdf

saneamento de xestión pública e social,. democráticos, transparentes, eficaces,. sostíbeis, economicamente accesíbeis. e centrados nas persoas. Que garantan.

351KB Sizes 1 Downloads 261 Views

Recommend Documents

No documents