Cómic en Galego : Novidades

O regalo do cesar

Os loureiros do cesar

A cizaña

Nómades

O veterano lexionario Romeomontescus borrachiño e impaciente licénciase. César decide facerlle un agasallo que en realidade é unha broma pesada: o pobo dos galos resistentes. Pero Romeomontescus véndello ao pousadeiro Ortopedix quen se traslada até alí coa súa familia. Os problemas xorden cando este, acirrado pola súa muller, enfróntase con Abraracúrcix para disputarlle a xefatura do pobo.

Abraracúrcix emborráchase na casa do seu cuñado e promételle un estofado guisado cos loureiros do mismísimo César. Como sempre serán os nosos amigos quen terán que ir buscalos. Conseguirano? Ferpectamente!

Xullo César, aconsellado polos seus senadores, decide enviar á aldea gala a Detritus, un sementador de cizaña que pretende turbar a paz que reina na aldeíña. Nada máis chegar, leva un agasallo á aldea destinado para o "home máis importante" dela. Detritus elixe este home ao azar e a sorte recae sobre Astérix, ao que lle regala o valioso xerro. Abraracúrcix, afectado por esta decisión, empeza a desconfiar de Astérix. Detritus volve visitar a Astérix para organizar un malentendido...

A Editorial Galaxia abre con Nómades, de Xosé Tomás, unha liña de novela gráfica. O libro, en palabras do autor, «achega unha visión da emigración a través de historias de mulleres», e nel que investiu dous anos de documentación.

Librería TÓTEM TF: 982 224 164 [email protected]

STO. Domingo, 3 Galerías Villamor 27001 Lugo

Xuvenil

12 eu

Xuvenil

12 eu

Xuvenil

12 eu

Xuvenil Adulto

16 Eu

Cómic en Galego : Novidades

Unha obra autobiográfica sobre a infancia da autora Marjane Satrapi en Irán. Obtivo unha grande sona internacional e foi adaptada a película animada. A BD levou o premio ao Persépole autor revelación 2001 e ao mellor guión 2002 no prestixioso festival de BD de Angoulême. Tradución de Eva Carrión del Pozo.

Entender o cómic

Causas Nobres

Morte No Nilo

Scott McCloud emprende unha análise amena e profunda das características propias da banda deseñada como linguaxe literaria. Este libro supuxo unha auténtica referencia no seu momento e segue constituíndo o primerio título da bibliografía de quen queira achegarse ao cómic, vinte anos despois da súa aparición. Tradución de Rafael Salgueiro.

O detective Ryan O’Mega tentará resolver o misterio, para o cal terá que sortear moitas trabas. Entrementres, a escenografía trasládanos ao desenvolvemento dos acontecementos no universo paralelo e tamén no espazo exterior, xa que os medio irmáns Rusty e Frost vense obrigados a compartir equipo nunha misión do goberno para salvar uns científicos...

Ambientado nun cruceiro por Exipto, o caso supón un novo desafío para as “pequenas células grises” de Hércules Poirot, que ten que interromper o seu arelado descanso para descubrir, nun barco ateigado de sospeitosos, quen deles é o asasino da rica herdeira Linnet Doyle e dos outros pasaxeiros que morren consonte avanzan as pescudas.

Librería TÓTEM TF: 982 224 164 [email protected]

STO. Domingo, 3 Galerías Villamor 27001 Lugo

Xuvenil Adulto

24 Eu

Xuvenil Adulto

19 Eu

Infantil Xuvenil Adulto

16 Eur

Xuvenil Adulto

13 Eur

Cómic en Galego : Novidades

Os Catro Grandes

A Man Do Diaño

O detective Hércules Poirot, coa axuda do seu vello e fiel amigo o capitán Hastings, enfróntase a unha poderosa banda internacional de criminais que pretende dominar o mundo.

A man do diaño é una historia feita con sinxeleza e sen complexos, que aborda, con total sentido crítico e mirada de autor, unha cuestión por desgraza natural e innata no ser humano, o conflito bélico.

Xuvenil Adulto

Xuvenil Adulto

13 Eur

10 Eur

PREMIO CASTELAO 2010

Punto De Fuga

A historia de Mateo é a historia dunha voz anónima pertencente a toda unha xeración que sabe cal é o prezo da comodidade que nos ofrece a sociedade consumista, e aínda así non perde a esperanza de atopar o seu punto de fuga para cruzar o horizonte máis alá da indignación. Nese horizonte arredado aparecerá sen dúbida esa liña mestra que axude á consecución do debuxo da súa vida.

Cabana de Balieiros é unha vila desas que agochan segredos. Moitos deles son misterios que levan e traen as mareas. Algúns afúndense, e outros saen á superficie cando ninguén o A Cabana espera. Un novo párroco chega á vila, e atópase cunha igrexa abandonada e un mundo que De Balieiros lle descubrirá as historias que fermentan na terra, fillas do salvaxe vento que trae o mar

Librería TÓTEM TF: 982 224 164 [email protected]

STO. Domingo, 3 Galerías Villamor 27001 Lugo

Xuvenil Adulto

12 Eur

Xuvenil Adulto

12 Eur

Cómic en Galego : Novidades

As Duas Viaxes

Gargolas 02: A Chave Do Tempo

Volume que supón unha nova achega ao propósito de posta en valor do labor dos pioneiros da historieta galega, neste caso a través da obra de Xaquín Marín.

Nesta ocasión volta ao século XVII coa misión de atopar unha chave máxica que lle axude a completar o seu adestramento como aprendiz de mago; ao mesmo tempo que terá que rescatar ao gato-musa (un felino peludo bardalleiro que serve de inspiración aos grandes xenios da humanidade).

Golfiño E Os Invasores

Xa están aquí! A humanidade aínda non o sabe, pero a invasión está en marcha! O que empeza como unha tranquila tarde no parque, convértese para Golfiño e os seus amigos nunha trepidante aventura na que deberán enfrontarse a unha raza alieníxena que chega á Terra con propósitos inconfesables...

Louis Pereiro. Breve Encontro

Esta novela gráfica, en branco e negro, de Jacobo Fernández Serrano, primeira no catálogo de Xerais, constitúe un singular e fermoso achegamento comiqueiro á vida e á obra de Lois Pereiro, o poeta homenaxeado na Letras Galegas 2011

Librería TÓTEM TF: 982 224 164 [email protected]

STO. Domingo, 3 Galerías Villamor 27001 Lugo

Xuvenil Adulto

Xuvenil Adulto

12 Eur

10 Eur

Infantil Xuvenil Adulto

15 Eur

Xuvenil Adulto

15 Eur

Cómic en Galego : Novidades

As novas Aventuras De Dick Turpin

O Burato Do Inferno

Inspirándose nas dimensións lendarias que adquiriu, xa entre os seus contemporáneos, a vida real do bandoleiro e salteador inglés do século XVIII Richard Turpin e as súas recorrentes falcatruadas contra os poderosos que ousaban atravesar o bosque de Epping

Xosé recibiu un día a chamada de don Elías, o párroco, para que o acompañara visitar ó pai do mozo, que regresara moi enfermo da Habana. Aínda que Xosé desprezaba ó moribundo, non podía negarse a aquela petición. O seu pai, Benito o Lindo, era un home endurecido pola miseria e a fame, que abandoara a súa muller cando quedou embarazada. Durante un tempo foi raqueiro e contrabandista na fronteira con Portugal; despois desapareceu. Xosé non tivo noticias súas ata que comezou a enviarlle cartos para a súa manutención. Trala morte da súa muller, Benito fíxose cargo dos gastos do seu fillo ata que este puido valerse por si mesmo. Mentres se achegaba á illa, Xosé tivo un estrano presentimento....

Librería TÓTEM TF: 982 224 164 [email protected]

STO. Domingo, 3 Galerías Villamor 27001 Lugo

Xuvenil Adulto

Xuvenil Adulto

18 Eur

16 Eur

Novidades Banda Deseñada Galego 29_10_2011.pdf

Page 2 of 5. Cómic en Galego : Novidades. Librería TÓTEM TF: 982 224 164 [email protected] STO. Domingo, 3 Galerías Villamor 27001 Lugo. Persépole. Unha obra autobiográfica sobre a infancia da autora Marjane Satrapi en Irán. Obtivo unha. grande sona internacional e foi adaptada a película animada.

390KB Sizes 3 Downloads 33 Views

Recommend Documents

7 BANDA DESENHADA (MAR2012).pdf
CATÁLOGOS BECRE AGOSTO 2012. Page 3 of 7. 7 BANDA DESENHADA (MAR2012).pdf. 7 BANDA DESENHADA (MAR2012).pdf. Open. Extract. Open with.

Banda-Chelva-Pact-1957.pdf
There was a problem previewing this document. Retrying... Download. Connect more apps... Try one of the apps below to open or edit this item.

Chanda Banda Niyojan Vibhag Bharti [email protected] ...
Page 2 of 2. www.GovNokri.in. Page 2 of 2. Chanda Banda Niyojan Vibhag Bharti [email protected]. Chanda Banda Niyojan Vibhag Bharti [email protected]. Open. Extract. Open with. Sign In. Main menu. Displaying Chanda Banda Niyojan Vibhag Bharti 2

2 Banda Aceh_Tes Tertulis.pdf
There was a problem previewing this document. Retrying... Download. Connect more apps... Try one of the apps below to open or edit this item. 2 Banda ...

Descargar serie deseada de h. hex
... libro de god ofwaren español pdf.descargarandroid en lg. t385. ... Found betweenDinah's firmly held convictions his selfish pride,and the people. ofThebes' ...

Chanda te banda Bharti [email protected]
उप िंनचि, नियोजि निभाग. www.govnokri.in. Page 2 of 2. Chanda te banda Bharti [email protected]. Chanda te banda Bharti [email protected].

sugih-tanpa-banda-mangan-ora-mangan-kumpul-2-by.pdf ...
Download Format: PDF, TXT, ePub, iBook. Published: July ... Genre(s):. Asian Literature >Indonesian Literature- 5 users ... Para Priyayi (Pustaka Jaya, 1992).