TIC I 1º Bacharelato

Dpto. de Tecnoloxía

Uso de PSeint

Pseint PSeInt é unha ferramenta moi útil para traballar con pseudocódigo e Diagramas de fluxo e incluso exportalos a diferentes linguaxes de programación (C, C++, C#, Java, PHP, JavaScript, Visual Basic .NET, Python, Matlab). Utiliza o pseudocódigo para a solución de algoritmos. PSeInt de PSeudo Intérprete, é unha ferramenta educativa utilizada principalmente por estudantes para aprender os fundamentos da programación e o desenvolvemento da lóxica. É un dos software máis populares do seu tipo e ampliamente utilizado en universidades de Latinoamérica e España. Podemos atopar bastante material e exemplos na Web que nos poden servir como axuda para aprender a utilizar esta feramenta. A axuda oficial atopámola en

http://pseint.sourceforge.net/index.php?page=documentacion.php e tamén en:

http://pseint.sourceforge.net/slide/pseint.html Existe tamén un foro oficial:

https://sourceforge.net/p/pseint/discussion/?source=navbar

Opcións de Linguaxe Unha vez instalado, é conveniente seleccionar na configuración→ opcións de linguaxe: escolleremos (As regras da linguaxe poden axustarse ou flexibilizar segundo as necesidades de cada un.

Uso de Pseint

Páx 1 de 15

TIC I 1º Bacharelato

Dpto. de Tecnoloxía

Axuda dende a aplicación PSeInt Tanto dende a pantalla de pseudocódigo, como dende a de Diagramas de Fluxo, podemos atopar moita e boa axuda para traballar con esta ferramenta. Dende o menú da pantalla de pseudocódigo, podemos atopar información e varios exemplos proporcionados pola ferramenta accedendo a :

Podemos utilizalos como plantilla para crear outros novos

Podemos tamén acceder á axuda para realizar diagramas de Fluxo, para o cal pulsamos na icona que nos leva ao editor de Diagramas de Fluxo

A continuación pediremos axuda pulsando na icona correspondente

Uso de Pseint

Páx 2 de 15

TIC I 1º Bacharelato

Dpto. de Tecnoloxía

 Fagamos unha proba Algoritmo de Suma Para comezar a traballar con PSeInt, o mellor é ver un dos exemplos que propón no menú de axuda e que nos serve para ver as posibilidades que ofrece a ferramenta e o entorno de traballo. Imos seleccionar o primeiro dos algoritmos de exemplo que nos mostra a axuda: Suma. Como vemos, mostra o algoritmo en pseudocódigo, pero se pulsamos na icona que atopamos na parte superior, e que mostra o texto "Debuxar Diagrama de Fluxo", podemos ver o Diagrama correspondente

Execución algoritmo Unha cualidade moi atractiva de PSeInt é que nos permite "executar" o algoritmo. Ademais se detecta algún erro na sintaxe, mostra o erro, a liña na que se produce para que o corrixamos e non permite a execución. A execución se pode realizar completa ou paso a paso, mostrando os pasos sobre o diagrama ou as liñas de pseudocódigo. Imos comprobar como funciona o algoritmo de Suma.  Se queremos executar o algoritmo , pulsamos "Executar..."  Se queremos executar o algoritmo paso a paso marcando os pasos sobre o diagrama ou o código, pulsamos "Executar paso a paso"

Uso de Pseint

Páx 3 de 15

TIC I 1º Bacharelato

Dpto. de Tecnoloxía

 Creación e Edición de algoritmos Obxectivos Como vemos, sexa dende un exemplo ou un algoritmo existente ou comezando de cero, PSeInt permítenos crear e editar tanto Diagramas de Fluxo como Pseudocódigo. Nesta sección veremos como traballa esta ferramenta cos tipos de datos, funcións e estruturas de control. Os algoritmos podemos crealos e modificalos tanto dende pseudocódigo como dende o Diagrama de Fluxo correspondente, de xeito que os cambios que se realizan nun, trasládanse ao outro de forma automática. Como comprobaremos ten certas particularidades e formas específicas de traballar, o pseudocódigo non é unha linguaxe formal e, aínda que hai certas convencións en canto ao formato das súas definicións, estruturas, etc, PSeInt vai utilizar as súas propias.

Edición Diagrama de Fluxo Imos ver a pantalla e forma de traballo dos dous editores practicamente á par e recordemos que os cambios que se fagan nun deles, trasládanse tamén ao outro editor. En primeiro lugar veremos o editor de Diagrama de Fluxo, partindo da creación dun programa novo dende cero. Para engadir unha función ou estrutura, basta con incorporar o elemento correspondente dende o panel da dereita, para o cal facemos clic e arrastramos ese elemento ao lugar que nos interesa do Diagrama e escribimos dentro o que estimemos preciso.

Uso de Pseint

Páx 4 de 15

TIC I 1º Bacharelato

Dpto. de Tecnoloxía

Edición pseudocódigo Dende a pantalla de edición de pseudocódigo, podemos introducir novos elementos de dous xeitos diferentes.

Uso de Pseint

Páx 5 de 15

TIC I 1º Bacharelato

Dpto. de Tecnoloxía

Dende o editor de pseudocódigo, tamén é posible engadir elementos ao mesmo directamente, escribindo o que estimemos no lugar do algoritmo que desexemos, tan só temos que asegurarnos de empregar o formato admitido por PSeInt.

 Tipos de datos recoñecidos por PSeInt En PSeInt as variables teñen un tipo de dato asociado, polo que durante a execución do algoritmo, unha variable deberá gardar datos sempre do mesmo tipo. Por exemplo, se unha variable se utiliza para gardar números, non pode despois utilizarse para gardar texto. O tipo de datos podemos declaralo explicitamente coa palabra clave Definir, ou podemos deixar que o intérprete intente deducilo a partir dos datos que se gardan na mesma e a forma en que se utiliza no algoritmo. Se utiliza o perfil de linguaxe por defecto (Flexible), a definición explícita é opcional, pero podemos configurar a linguaxe para que a mesma sexa obrigatoria. Se se le ou asigna un valor a unha variable que non existe, esta créase. Se a variable xa existía, esta toma o novo valor, perdendo o vello. PSeInt soporta dous tipos de datos:  Tipos de Datos Simples: Numérico (ENTERO, REAL son opcionales), Lógico, Carácter.  Estruturas de Datos: Arrays (vectores).

Consideracións importantes Algúns detalles importante á hora de traballar con tipos de datos en PSeInt.  Os identificadores, ou nomes de variables, deben constar só de letras, números e/ou guión baixo (_), comezando sempre cunha letra.  Tipos de Datos Simples  Numérico: números, tanto enteiros como reais. Para separar decimais utilízase o punto. Exemplos: 5; 3.5 (Opcionalmente, poderiamos declarar unha variable numérica como enteira coa instrución DEFINIR. Neste caso, todo valor non enteiro que se lea ou asigne á mesma será truncado. 

Uso de Pseint

Lóxico ou Booleano: só pode tomar dous valores: VERDADEIRO ou FALSO (V ou F)

Páx 6 de 15

TIC I 1º Bacharelato

Dpto. de Tecnoloxía

Carácter: caracteres ou cadeas de caracteres encerrados entre comiñas que poden ser dobres ou simples. Exemplos 'a',”a” "ola mundo" ,’ola mundo’, '123', 'FALSO', 'etc'  Podemos introducir comentarios despois dunha instrución, mediante o uso de dobre barra ( // ), é dicir, todo o que se escriba despois da dobre barra é considerado un comentario.  Os arrays (vectores) son estruturas homoxéneas (é dicir, que todos os seus elementos son do mesmo tipo simple de dato). O tipo dos seus elementos determínase cando se utiliza algún deles de igual forma que para as variables de tipos simples. 

Poden ser mono ou multidimensionais, pero deben ser dimensionados antes de ser utilizados por primeira vez mediante a directiva DIMENSION. Exemplo: "DIMENSION A[10,20];"

Operadores e funcións Este pseudocódigo dispón dun conxunto de operadores que poden ser utilizados para a construción de expresións. As seguintes táboas son as proporcionadas pola propia ferramenta e que podedes atopar no apartado de axuda:

Tal e como se indica na propia axuda de PSeInt, a xerarquía dos operadores matemáticos é igual ao do álxebra, aínda que pode alterarse mediante o uso de parénteses. Ademais PSeInt trae unha serie de funcións xa predefinidas e que poden ser utilizadas en calquera lugar do algoritmo:

Uso de Pseint

Páx 7 de 15

TIC I 1º Bacharelato

Dpto. de Tecnoloxía

Por último, se se encontra habilitado o uso de "Condicionais en linguaxe coloquial" nas "opcións da linguaxe", pódense introducir algunhas expresións adicionais para formar condicións (expresións lóxicas). A seguinte táboa mostra exemplos destas, supoñendo que X e Y son variables, xunto co seu equivalente na linguaxe formal:

Uso de Pseint

Páx 8 de 15

TIC I 1º Bacharelato

Dpto. de Tecnoloxía

 Exportar a Linguaxes de Alto Nivel dende PSeInt PSeInt permítenos facer non só transformacións entre Diagramas de Fluxo e pseudocódigo, senón que ademais esta ferramenta educativa permite exportar a diferentes Linguaxes de programación, o cal facilita:  A aprendizaxe da Linguaxe na que esteamos interesados ou interesadas.  Comparar código elaborado en diferentes linguaxes para resolver o mesmo problema, co cal podemos estudar as particularidades de cada unha delas. Para poder exportar un algoritmo a unha linguaxe determinada, simplemente seleccionaremos en Archivo→Exportar á linguaxe que desexemos. Exemplo: Exportación do algoritmo Suma a linguaxe C (o mesmo xeito se pode exportar a: Java, PHP, Python ou algún outro que se vos ocorra).

Exportamos o algoritmo a C, co cal obtemos un arquivo chamado suma.c que podemos editar con calquera editor de texto (mesmo co bloc de notas).

Uso de Pseint

Páx 9 de 15

TIC I 1º Bacharelato

Dpto. de Tecnoloxía

Vantaxes do pseudocódigo fronte ao Diagrama de Fluxo: O traballo con pseudocódigo presenta algunhas vantaxes sobre a utilización de Diagramas de Fluxo, polo que debemos tamén familiarizarnos con seu uso:    

Vainos permitir representar de forma moi sinxela operacións repetitivas complexas Ocupa menos espazo que o Diagrama de Fluxo O paso de pseudocódigo a Linguaxe de programación soe ser moi sinxelo Pódense ver perfectamente os niveis e aniñamento das estruturas do programa.

Sempre que podamos, imos facer referencia á estrutura do Diagrama de Fluxo que se corresponde coa estrutura en pseudocódigo.

Funcións e operacións básicas en pseudocódigo Nesta sección veremos a correspondencia entre funcións e estruturas en Diagramas de Fluxo e Pseudocódigo, utilizando a ferramenta Pseint.

 Asignación Asignación de valores Entre as principais funcións atopamos a Asignación que consiste no paso de valores a unha zona de memoria, a cal recoñecemos polo nome da variable á que se lle asigna ese valor. O formato utilizado en Pseint é: < Variable > ← Deste xeito indicamos que a unha variable se lle asigna un valor ou unha expresión.

Exemplo: Supoñamos que queremos asignar á variable Prezo o valor 123. Prezo ← 123

O mesmo ocorre coas expresións, por exemplo coas operacións aritméticas. Exemplo: Supoñamos que queremos sumar o valor contido en dúas variables (num1 e num2) e asignarllo a unha terceira variable (Resultado). Resultado ← num1 + num2

 Lectura ou entrada de datos Consiste en recibir dende un dispositivo de entrada como pode ser o teclado, un valor ou dato.

Lectura de datos Ler num

// neste caso a variable num recibe por teclado un valor numérico

Ler letra

// neste caso a variable letra recibe por teclado un valor carácter

Uso de Pseint

Páx 10 de 15

TIC I 1º Bacharelato

Dpto. de Tecnoloxía

 Escritura ou saída de datos Consiste en enviar a un dispositivo de saída, como pode ser pantalla ou impresora, un resultado (valor dunha variable) ou un texto ou mensaxe.

Por exemplo, para dicir que o resultado dunha suma está contida na variable Resultado, diríamos: Escribir "O resultado da suma é: ", Resultado

 Estruturas de control

Estruturas secuenciais As instrucións execútanse por orde, de arriba a abaixo.

Exercicio: Imos pedir por teclado dous números, sumalos e mostrar o resultado. (Crea o Pseudocódigo e o diagrama de fluxo usando Pseint).

Estruturas selectivas ou condicionais Como xa vimos, as instrucións condicionais ou selectivas representan instrucións que poden executarse ou non, segundo o cumprimento dunha condición. Existen tres tipos de estruturas alternativas:  Estruturas alternativas ou selectivas simples  Estruturas alternativas ou selectivas múltiples  Estruturas alternativas ou selectivas CASO Estruturas alternativas ou selectivas simples As estruturas condicionais comparan unha variable contra outro ou outros valores. En función do resultado desa comparación, sigue un curso de acción dentro do programa. Exercicio: Deseña un algoritmo que lea tres números enteiros. Se todos son negativos, mostra o produto dos tres. Se algún é negativo pero non todos, mostra a suma dos tres. No caso de que todos sexan positivos,

Uso de Pseint

Páx 11 de 15

TIC I 1º Bacharelato

Dpto. de Tecnoloxía

suma os dous primeiros e multiplica dita suma polo terceiro. (Crea o Pseudocódigo e o diagrama de fluxo usando Pseint).

Estruturas alternativas ou selectivas múltiples As estruturas alternativas pódense encadear, de xeito que despois dunha condición apareza outra e outra... Exemplo: Deseña un algoritmo ao que se introduzan como entradas dous enteiros e un carácter. O algoritmo deberá sumar (s), restar (r) , multiplicar (m) ou dividir (d) os valores dos dous primeiros parámetros dependendo do código indicado no terceiro parámetro, e mostrar o resultado.

Uso de Pseint

Páx 12 de 15

TIC I 1º Bacharelato

Dpto. de Tecnoloxía

Estruturas alternativas ou selectivas CASO Existe outro tipo de estrutura alternativa: a alternativa múltiple-Casos, que permite simplificar algunhas estruturas alternativas aniñadas, no caso de que todas sexan excluíntes entre si.

O exemplo anterior, resolto coa alternativa múltiple, queda así:

Uso de Pseint

Páx 13 de 15

TIC I 1º Bacharelato

Dpto. de Tecnoloxía

Estruturas iterativas, repetitivas ou bucles As estruturas repetitivas son aquelas nas que é necesario utilizar un mesmo conxunto de accións que se podan executar unha cantidade específica de veces. Esta cantidade pode ser fixa (previamente determinada polo programador) ou pode ser variable (en función dalgún dato dentro do programa). O número de veces indícase mediante unha condición, se a condición é verdadeira executa o bloque de código que conteña, cando a condición sexa falsa sairá do bucle.

Estrutura repetitiva "Mentres...Facer" O bucle repetirase mentres sexa certa a condición, de xeito que se ao chegar por primeira vez ao bucle "mentres" a condición é falsa, o grupo de instrucións do bucle non se executará ningunha vez.

Exercicio: Deseña un algoritmo que mostre os 100 primeiros números pares, usando a estrutura Mentres ... Facer. (Crea o Pseudocódigo e o diagrama de fluxo usando Pseint).

Estrutura repetitiva Facer...Mentres Execútanse as instrucións mentres se cumpra a condición. Neste caso o grupo de instrucións do bucle se executará a lo menos unha vez.

Uso de Pseint

Páx 14 de 15

TIC I 1º Bacharelato

Dpto. de Tecnoloxía

Estrutura repetitiva "Repetir...ata" Utilízase habitualmente cando é necesario que o grupo de instrucións se executen polo menos unha vez e ata que se cumpra a condición:

Exercicio: Deseña un algoritmo que mostre os 100 primeiros números pares, usando a estrutura Repetir ... Ata. (Crea o Pseudocódigo e o diagrama de fluxo usando Pseint).

Estrutura repetitiva "Para" Este bucle interpretámolo como "Dende o contador inicial contador=x ata o límite n, Repetimos un conxunto de instrucións, nodificando en cada bucle o valor de contador segundo indiza s.

Exercicio: Deseña un algoritmo que mostre os 10 primeiros números naturais, usando a estrutura Para. (Crea o Pseudocódigo e o diagrama de fluxo usando Pseint).

Uso de Pseint

Páx 15 de 15

Uso de PSeint.pdf

Python, Matlab). Utiliza o pseudocódigo para a solución de algoritmos. PSeInt de PSeudo Intérprete, é unha ferramenta educativa utilizada principalmente por ...

2MB Sizes 6 Downloads 126 Views

Recommend Documents

AUTORIZAÇÃO DE USO DE IMAGEM.pdf
There was a problem previewing this document. Retrying... Download. Connect more apps... Try one of the apps below to open or edit this item. AUTORIZAÇÃO ...

Lingoversity+manual+de+uso+espa%C3%B1ol.pdf
... compartido entre usuarios. - Glosario online compartido. - Más soportes de voz online. Page 3 of 64. Lingoversity+manual+de+uso+espa%C3%B1ol.pdf.

PGI-18 Asig uso y dest de uniformes.pdf
Please enter this document's password to view it. Password incorrect. Please try again. Submit. PGI-18 Asig uso y dest de uniformes.pdf. PGI-18 Asig uso y dest ...

manual-prevencion-incendios-uso-extintores-seguridad-industrial.pdf ...
There was a problem previewing this document. Retrying... Download. Connect more apps... Try one of the apps below to open or edit this item.

Uso-Interactivo-Del-Vocabulario-Niveal-A1-B1-bungsbuch.pdf ...
Download ]]]]]>>>>>PDF Download Uso Interactivo Del Vocabulario: Niveal A1-B1. ... Y Practica: Gramatica De USO Del Espanol + Soluciones - Level B1-B2 .

Pautas uso red SLAB e Internet.pdf
There was a problem previewing this document. Retrying... Download. Connect more apps... Try one of the apps below to open or edit this item. Pautas uso red ...

014E-carta-uso-act-solo-folha5.pdf
800. 700. 750. 950. 650. 600. 1050. 550. 400. 900. 300. 850. 1150. 350. 1200. 1350. 1000. 450. 1100. 1300. 1400. 500. 1250. 1450. 1500. 950. 1200. 950. 450.

Manuale uso e manutenzione suzuki jimny pdf
other influencefromthe operator to the patient. Rather, headopted a physiological viewthat which forevermoreshall be hypnosis isa kind of. nervous sleep, induced by fatigueresulting fromtheintenseconcentration necessary four staring fixedly ata brigh

curso-tecnologia-gas-natural-uso-vehicular-gnc-glp-tecsup ...
Page 4 of 60. Page 4 of 60. curso-tecnologia-gas-natural-uso-vehicular-gnc-glp-tecsup-componentes-elementos-kit-conversion.pdf. curso-tecnologia-gas-natural-uso-vehicular-gnc-glp-tecsup-componentes-elementos-kit-conversion.pdf. Open. Extract. Open wi

curso-tecnologia-gas-natural-uso-vehicular-esquema-mezclador ...
Page 5 of 56. Page 5 of 56. curso-tecnol ... ponentes.pdf. curso-tecnolo ... mponentes.pdf. Open. Extract. Open with. Sign In. Main menu. Displaying curso-tecnologia-gas-natural-uso-vehicular-esquema-mezclador-motor-inyectado-gnc-gnv-componentes.pdf.

manual-uso-pala-cargadora-cu-c1-c2-30-mx.pdf
manual-uso-pala-cargadora-cu-c1-c2-30-mx.pdf. manual-uso-pala-cargadora-cu-c1-c2-30-mx.pdf. Open. Extract. Open with. Sign In. Main menu.

RECOPILACION-DE-ESTRATEGIAS-DE-MODIFICACIÓN-DE ...
Try one of the apps below to open or edit this item. RECOPILACION-DE-ESTRATEGIAS-DE-MODIFICACIÓN-DE-CONDUCTA-EN-EL-AULA.pdf.

Proposition de stage de DEA
Position short description: We are seeking a young researcher in agronomy/agroecology/ecology and soil-crop modelling who will work on modelling intercrops ...

Politica de privacidad en Internet de POLIMADERAS DE COLOMBIA ...
Politica de privacidad en Internet de POLIMADERAS DE COLOMBIA.pdf. Politica de privacidad en Internet de POLIMADERAS DE COLOMBIA.pdf. Open. Extract.

Comarca de la Sierra de Albarracín - Gobierno de Aragón
Dos de ellos se encuentran en la sierra de Albarracín: el oromediterráneo (3 ºC

transformada de place de la delta de dirac.pdf
... loading more pages. Whoops! There was a problem previewing this document. Retrying... Download. Connect more apps... Try one of the apps below to open or edit this item. transformada de place de la delta de dirac.pdf. transformada de place de la

tabla-de-factores-de-conversion-de-unidades.pdf
There was a problem loading more pages. Retrying... tabla-de-factores-de-conversion-de-unidades.pdf. tabla-de-factores-de-conversion-de-unidades.pdf. Open.

CABALLO DE TROYA DE DESCARTES, de Antonio Hidalgo.pdf ...
There was a problem previewing this document. Retrying... Download. Connect more apps... Try one of the apps below to open or edit this item. CABALLO DE ...

02 estudo-de-viabilidade-de-sistemas-de-informa.pdf
02 estudo-de-viabilidade-de-sistemas-de-informa.pdf. 02 estudo-de-viabilidade-de-sistemas-de-informa.pdf. Open. Extract. Open with. Sign In. Main menu.