VIII Congreso Local do Partido Popular de O Grove

REGULAMENTO DO VIII CONGRESO LOCAL DO PARTIDO POPULAR DE O GROVE DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 1º De conformidade cos vixentes Estatutos e segundo acordo da Xunta Directiva Provincial convócase o VIII Congreso do Partido Popular de O Grove, a celebrar o día 9 de marzo de 2014 ás 12:00 horas na Casa da Cultura. Artigo 2º Encoméndase á Comisión Organizadora, nomeada pola Xunta Xestora Local, o impulso, coordinación e dirección de todos os aspectos organizativos do Congreso. A Comisión Organizadora do Congreso debaterá e aprobará, se procede, a programación concreta e cantos outros acordos fosen necesarios para, en desenvolvemento do presente Regulamento, aclarar, concretar e, en definitiva, asegurar a axeitada preparación e celebración do Congreso. Os seus acordos deberán ser adoptados por maioría e das súas reunións levantaranse as correspondentes actas de cuxo contido se dará traslado aos órganos do Partido. Artigo 3º En consecuencia, todo o relativo á organización e funcionamento do Congreso rexerase polo presente Regulamento, e os acordos do Comité Organizador adoptados no desenvolvemento do mesmo. Durante a celebración do Congreso ditas competencias serán asumidas polo Presidente, que dará conta á Mesa do Congreso. TITULO PRIMEIRO COMPETENCIAS E COMPOSICIÓN DO CONGRESO Artigo 4º De conformidade co establecido nos Estatutos, o Congreso é o órgano supremo do Partido en O Grove, define os principios, fixa os programas e estratexias e elixe aos representantes nos órganos de dirección do Partido. Artigo 5º As competencias do Congreso son as que se determinan nos Estatutos do Partido. AGRUPACIÓN LOCAL DO PARTIDO POPULAR DE O GROVE Rúa Castelao, 55 - 1º Esq. - 36980 O Grove www.ppdogrove.blogspot.com

1

VIII Congreso Local do Partido Popular de O Grove

Artigo 6º Serán compromisarios todos os afiliados ao Partido no municipio de O Grove que asistan ao Congreso e que, tendo a condición plena de afiliado de acordo co sinalado no artigo 6º dos Estatutos do Partido, non se atopen suspendidos de militancia, ou teñan restrinxido os seus dereitos por algunha outra causa. Artigo 7º En todo caso, a Comisión Organizadora deberá establecer un prazo para que, antes da celebración do Congreso, os afiliados poidan, cando fose necesario, cumprir os requisitos que se derivan do artigo anterior, debendo notificarse esta posibilidade, e o período de tempo para facelo, a todos os afiliados. TITULO SEGUNDO FUNCIONAMENTO DO CONGRESO Artigo 8º A Comisión Organizadora declarará validamente constituído o Congreso na hora, data e lugar da súa convocatoria, independentemente do número de afiliados presentes, seguíndose, a partir dese momento, o Programa aprobado polo Comité Organizador. Artigo 9º No acto inaugural do Congreso, a Comisión Organizadora proporá ao Pleno a composición da Mesa, que deberá ser ratificada por maioría simple. Se non se aceptase a proposta, abriríase un prazo de 30 minutos, durante os que se poderían presentar candidaturas completas para a Mesa, avaladas por un 15 % dos asistentes como mínimo, non podendo avalarse por cada asistente máis de unha candidatura. Será elixida a candidatura que obteña máis votos. Artigo 10º A Mesa estará composta por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario e dous vogais, todos eles afiliados. Artigo 11ª Constituída a Mesa do Congreso, esta deberá anunciar o oportuno acordo de aprobación do Regulamento, dando lectura ás disposicións que terán que rexer os traballos do mesmo.

AGRUPACIÓN LOCAL DO PARTIDO POPULAR DE O GROVE Rúa Castelao, 55 - 1º Esq. - 36980 O Grove www.ppdogrove.blogspot.com

2

VIII Congreso Local do Partido Popular de O Grove

Artigo 12º A Mesa do Congreso dirixirá, impulsará, moderará e ordenará os debates, velando en todo momento pola boa marcha do Congreso. As decisións da Mesa adoptaranse por maioría simple, tendo o Presidente, en caso de empate, voto de calidade. Corresponde á Mesa cumprir e facer cumprir o Regulamento do Congreso, interpretalo nos casos de dúbida e suplilos nos de omisión. Artigo 13º Corresponde ao Presidente, en nome da Mesa, abrir, dirixir, suspender e levantar a sesión, autorizar o uso da palabra e fixar, a vista das peticións de intervencións, o número máximo de intervencións e a duración das mesmas. O Presidente poderá chamar a orde, e no seu caso, retirar a palabra a quen nas súas intervencións se estenda excesivamente, se desvie do tema obxecto de debate, falte ao establecido neste Regulamento, profira expresións ofensivas ao decoro do Partido, dos seus membros ou de calquera outra institución, entidade ou persoa, ou que de calquera outra forma altere a orde ou obstaculice a boa marcha do Congreso. TITULO TERCEIRO O ÓRGANO DIRECTIVO E A SÚA ELECCIÓN Artigo 14º O Congreso elixirá en lista pechada ao Presidente e aos vogais do Comité Executivo, en número máximo de 22, mediante o sistema de voto maioritario, a unha soa volta. Ningún afiliado poderá figurar en dúas ou máis candidaturas, nin avalar coa súa sinatura máis de unha. Artigo 15º Poderán ser elixidos membros do Comité Executivo Local, aqueles afiliados ao Partido Popular, que figuren no Censo do Partido e cumpran cos requisitos establecidos nos Estatutos. Artigo 16º A elección do Comité Executivo farase mediante lista pechada e votación secreta, empregando listados e urnas facilitadas pola Comisión Organizadora.

AGRUPACIÓN LOCAL DO PARTIDO POPULAR DE O GROVE Rúa Castelao, 55 - 1º Esq. - 36980 O Grove www.ppdogrove.blogspot.com

3

VIII Congreso Local do Partido Popular de O Grove

Artigo 17º Aqueles que opten á Presidencia terán un prazo mínimo de 7 días desde a convocatoria do Congreso para presentar a súa candidatura ante a Comisión Organizadora do Congreso, que rematará ás 20:15 horas do 24 de febreiro de 2014. Aritigo 18ª Para ser proclamado candidato á Presidencia do Partido Popular de O Grove será necesario presentar o apoio de alomenos 50 militantes. No suposto de que se presentasen dúas ou máis candidaturas, a Comisión Organizadora proclamará os candidatos presentados nun prazo de 48 horas, e convocará unha campaña electoral interna por un prazo de 7 días. Durante a duración da campaña, a Comisión Organizadora garantirá a todos os candidatos a igualdade de oportunidades, asegurará a neutralidade da organización do Partido e velará pola transparencia de todo o proceso. Artigo 19º O prazo para a presentación de candidaturas rematará ás 12:00 horas do día 7 de marzo de 2014 (48 horas antes do inicio do Congreso). A Comisión Organizadora recibirá os avais e emitirá un informe que será entregado á Mesa do congreso para a proclamación das candidaturas que fosen presentadas en tempo e forma. As candidaturas gardarán a forma recollida polos Estatutos e estarán avaladas por alomenos 120 sinaturas de afiliados que cumpran os requisitos aos que se refire o artigo 6º dos presentes Estatutos. A Comisión Organizadora deberá elaborar e aprobar un modelo de aval, que lle será facilitado a todos os candidatos e afiliados que o soliciten. Non se admitirán avais que non figuren no modelo oficial aprobado pola Comisión. Artigo 20º Os cabezas de lista das candidaturas presentadas en tempo e forma, presentaran a súa candidatura, durante o tempo fixado pola Mesa do Congreso, que determinará a orde de intervención.

AGRUPACIÓN LOCAL DO PARTIDO POPULAR DE O GROVE Rúa Castelao, 55 - 1º Esq. - 36980 O Grove www.ppdogrove.blogspot.com

4

VIII Congreso Local do Partido Popular de O Grove

Artigo 21º Para a votación constituiranse catro Mesas Electorais, que estarán formadas por un Presidente e un Secretario, nomeados pola Comisión Organizadora do Congreso e ás que se poderán incorporar un interventor por cada candidatura proclamada. Artigo 22ª Os asistentes, no momento de depositar o seu voto, acreditarán a súa identidade mediante D.N.I., Pasaporte ou Carné de Conducir orixinal. Artigo 23º Unha vez finalizada a votación, as Mesas Electorais farán os correspondentes escrutinios que serán remitidos á Mesa do Congreso, a cal anunciará os resultados e proclamará a candidatura que obteña máis votos válidos. No caso de que só se presentase unha candidatura o Presidente da Mesa poderá solicitar da Asemblea a súa proclamación por aclamación, non efectuándose, neste caso, ningunha votación. TITULO CUARTO IMPUGNACIÓNS Artigo 24º Para as impugnacións que afecten ao desenvolvemento do Congreso, será competente o Comité de Dereitos e Garantías de Galicia. Estas impugnacións deberán fundamentarse en infraccións estatutarias ou regulamentarias e presentarse nun prazo máximo de 48 horas ao remate do Congreso. Artigo 25º O procedemento para realizar as impugnacións será o seguinte: As impugnacións daqueles acordos tomados durante a celebración do Congreso serán presentadas polos compromisarios ante a Mesa que resolverá no mesmo Congreso, incluíndo na Acta as motivacións nas que se fundamente a súa resolución. A resolución da Mesa será apelable ante o Comité de Dereitos e Garantías de Galicia, no prazo máximo de 48 horas despois da celebración do Congreso.

AGRUPACIÓN LOCAL DO PARTIDO POPULAR DE O GROVE Rúa Castelao, 55 - 1º Esq. - 36980 O Grove www.ppdogrove.blogspot.com

5

VIII Congreso Local do Partido Popular de O Grove

O Comité Nacional de Dereitos e Garantías resolverá, en segunda instancia, os recursos interpostos contra resolucións dos Comités Rexionais de Dereitos e Garantías como consecuencia das impugnacións que se produzan no Congreso Local do Partido Popular de O Grove. DISPOSICIÓN FINAL Para todo o non previsto neste Regulamento será de aplicación o disposto nos vixentes Estatutos do Partido e no Regulamento Marco de Congresos.

AGRUPACIÓN LOCAL DO PARTIDO POPULAR DE O GROVE Rúa Castelao, 55 - 1º Esq. - 36980 O Grove www.ppdogrove.blogspot.com

6

Regulamento VIII Congreso Local.pdf

VIII Congreso Local do Partido Popular de O Grove. Artigo 6o. Serán compromisarios todos os afiliados ao Partido no municipio de O Grove que asistan.

89KB Sizes 3 Downloads 200 Views

Recommend Documents

Invitacion VIII Congreso de la Biodiversidad Caribena -
Jul 25, 2013 - Hotel Santo Domingo .... Díaz, Luis M. Museo Nacional de Historia Natural de Cuba, Obispo ... Central, Holguín, Cuba, [email protected].

Congreso MI.pdf
Diego, CA); Daniel Klionsky (Ann Arbor, Mi); Nicholas Ktistakis (Cambridge);. Beth Levine (Dallas, TX); Fernando Macian (New York, NY); Angelo Poletti.

Regulamento-Organico.pdf
Superior de Tecnologia de Setúbal deste Instituto Politécnico, com a. remuneração mensal de 3 028,14 €, correspondente ao Escalão 1, Índice. 185, com efeitos a partir de 14/05/2010. 20 de Janeiro de 2011. — A Administradora, Ângela Noiva Gon-. çalves

REGULAMENTO OFICIAL.pdf
E-mail: [email protected] Fone: 65-3322-8853. Rua Major Gama 600 Bairro Centro Sul E-mail: [email protected] Fone: 65-3322-8853 / 65-3322- ...

Regulamento Blitz LBX.pdf
Sign in. Loading… Page 1. Whoops! There was a problem loading more pages. Regulamento Blitz LBX.pdf. Regulamento Blitz LBX.pdf. Open. Extract.

Regulamento - LAN PARTY.pdf
Os participantes irão receber um. e-mail ​de ​confirmação. b. Apenas poderão inscrever-se alunos da Faculdade de Ciências da Universidade de Lisboa que.

Regulamento Final - Hearthstone.pdf
Page 1 of 7. 42 Cultura e Comunicação. Avenida Tancredo Neves n. 1485, Edf. Esplanada Tower, sala 909 - Caminho das Árvores - Salvador - Bahia.

Regulamento Final - Crossfire.pdf
Page 1 of 11. 42 Cultura e Comunicação. Avenida Tancredo Neves n. 1485, Edf. Esplanada Tower, sala 909 - Caminho das Árvores - Salvador - Bahia. CEP: 41.820-021 | Tel (71) 3272-3589. CROSSFIRE. REGULAMENTO GERAL. A 42 CULTURA E COMUNICACAO LTDA -.

Congreso Oaxaca Afromexicanos.pdf
Download. Connect more apps... Try one of the apps below to open or edit this item. Congreso Oaxaca Afromexicanos.pdf. Congreso Oaxaca Afromexicanos.pdf.

REGULAMENTO (2).pdf
Estacionamento 10, Parque da Cidade Sarah Kubitschek. Os percursos da competição serão de 5 km e 10 km. Concentração às 06h30 e largada às 07h00 ...

Regulamento - Console - Naruto.pdf
TORNEIO NARUTO SHIPPUDEN: ULTIMATE NINJA STORM REVOLUTION. REGULAMENTO GERAL: A 42 CULTURAL COMUNICACAO LTDA - ME,.

Regulamento Final - Hearthstone.pdf
There was a problem previewing this document. Retrying... Download. Connect more apps... Try one of the apps below to open or edit this item. Regulamento ...

CONGRESO-2013-TURISMO FRA GUARDA.pdf
Page 1 of 29. II Jornada Técnica de Turismo de Fronteira. Auditório do Paço da Cultura. Guarda (Portugal). 12 y 13 de Setembro de 2013. 1. CATALOGO DEL ...

Cartel congreso III (1).ai.pdf
There was a problem previewing this document. Retrying... Download. Connect more apps... Try one of the apps below to open or edit this item. Cartel congreso ...

14786894245823029018e98.Workspot VIII 2016_GIT_JCSS_rev ...
14786894245823029018e98.Workspot VIII 2016_GIT_JCSS_rev.2_FINAL.pdf. 14786894245823029018e98.Workspot VIII 2016_GIT_JCSS_rev.2_FINAL.pdf.

I CONGRESO EUROPEO.pdf
Association Henri Capitant des Amis de la Culture Juridique Française Universidad de. París II (Université Panthéon-Assas). Università degli Studi di Perugia ...

VIII
mathematical system designed as a model of reality is to ... Consider the following apparently simple state- ...... of “lottery tickets,” each of which is a promise to ...

VIII Drawing.pdf
Q.2 Draw a pictures of a hand & a leg also pencil shade. 10. or. Draw a pictures of any two ... VIII Drawing.pdf. VIII Drawing.pdf. Open. Extract. Open with. Sign In.

Henry VIII
He gave in to excess in eating and drinking and became a huge, bloated figure. Henry VIII. Henry VII's eldest son was Arthur, Prince of Wales. He married Catherine of Aragon, but died shortly thereafter, leaving the throne to fall to his younger brot

(Appeals)-VIII, Chennai date
Mar 21, 2014 - necessity for making payments in cash for them. 4. Counsel for the assessee strongly relied on the order of the Commissioner of Income Tax ...

ASME Section VIII - ABSA
analysis required; Fracture mechanics evaluation ... fracture mechanics evaluation. Crack tip ... Authorized Inspector with Jurisdictional approval and certification.

Regulamento 2017 - Ibiporã.pdf
Polícia Militar, Corpo de Bombeiros, SAMAE, SuperSul, Muffato, Ritter, GB Adesivos,. Academia Ativaforma e Vitapoint. 17a ADRIANINHA. DATA / LOCAL ...

Regulamento maratona-2014.pdf
4.9 As inscrições serão efetuadas por ordem de recebimento. 4.10 No ato da inscrição, o participante receberá um CD-R ou rolo de filme (Fujifilm 400, 12 poses ...

Regulamento expoBARRANCOS 2014.pdf
Page 1 of 11. Regulamento Geral. expoBARRANCOS – V III Feira do Presunto e dos Enchidos de Barrancos. 1. Regulamento Geral. A expoBARRANCOS – VIII ...