PRIMEIRAS REUNIÓNS DA CIG CO NOVO EQUIPO DO MINISTERIO DE XUSTIZA Onte, xoves 12 de xaneiro, participamos en dúas reunións no Ministerio de Xustiza. A primeira, xunto cos compañeiros vascos de ELA, a efectos da presentación formal do novo Director Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza. A segunda, para negociación das RPTS de Letrados da Administración de Xustiza doutros ámbitos territoriais, a convocatoria de oposicións para o Corpo de Letrados da Administración de Xustiza e para o Corpo de Médicos Forenses. REUNIÓN CO DIRECTOR XERAL DE RELACIÓNS COA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA: Primeiro reunímonos co novo Director Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, JOAQUÍN DELGADO MARTÍN, e trala súa presentación formal, tratamos fundamentalmente dous temas: REXISTRO CIVIL: O Director manifestounos que a vontade do Ministro de Xustiza é manter o Rexistro Civil dentro do ámbito da administración de xustiza, probablemente baixo a responsabilidade dos Letrados/as e provisto por funcionarios dos Corpos ao Servizo da Administración de Xustiza. Pretenden modificar a Lei do 2011 en dito sentido antes de que remate a vacatio legis no mes de xullo. Insistiu reiteradamente en enviar unha mensaxe de tranquilidade, pois a intención do ministerio é seguir na mesma liña respecto da situación actual. Dende a CIG, voltamos a reiterar a nosa esixencia de que o Rexistro Civil se manteña como un servizo público e gratuíto, provisto con carácter exclusivo por funcionarios dos Corpos ao Servizo da Administración de Xustiza do ámbito territorial onde se sitúen, e mantendo, igualmente, as competencias que nesta materia teñen os Xulgados de Paz. OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO: Sobre este tema solicitamos que se proceda á convocatoria de procesos selectivos co todas as prazas vacantes existentes. Igualmente, solicitamos a recuperación da reserva do 50% das prazas vacantes para a promoción interna en todos os corpos ao servizo da xustiza, incluíndo o Corpo de Letrados/as. O Director manifestounos que aínda non hai unha decisión definitiva sobre si se van a acumular as OEP de 2016 e 2017, nin tampouco sobre si o proceso selectivo vai ser concursooposición ou oposición, engadindo que é algo que se ten que resolver en breve, dependendo do contido da Lei de Orzamentos en relación ao posible número de prazas que poidan convocarse para a próxima oposición. En datas próximas convocarannos a unha reunión sobre este tema. Polo Subdirector, presente na reunión, informóusenos que no caso de que non se acorde a acumulación de ambas OEP, a convocatoria do 2016 realizaríase o máis axiña posíbel. No caso de acumularse, o proceso demoraríase por un período maior de tempo. Non concretaron data algunha en ningunha das hipóteses. Tamén manifestaron que a intención do ministerio respecto de a OEP do 2017 é convocar o máximo número posible de prazas que lles permita a Lei de Orzamentos. CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS A LETRADOS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA: Con carácter previo a esta segunda reunión do día, déronnos traslado do borrador da próxima convocatoria ao Corpo de Letrados da Administración de Xustiza (70 prazas para a quenda libre e 21 para promoción interna). Borrador cun contido case análogo á convocatoria anterior e no que se recupera a posibilidade de conservar a nota do primeiro exercizo para a seguinte convocatoria e para ambas quendas, sempre que a nota lograda no exercizo sexa superior ao 60% da nota máxima. [email protected] 981182589 [email protected] 982889035 [email protected] 988687412 [email protected] 986803979 [email protected] 986817836

657768693 635607376 639921202 615828798 679742583 630236549 668843048

www.cig-xustiza.blogspot.com

Manifestaron que a conservación da nota está condicionada a que non haxa cambios lexislativos importantes entre as convocatorias, posto que está vinculada a que non existan cambios no contido do temario. Dende a CIG fixemos, entre outras, as seguintes alegacións: - Modificación da proporción entre prazas de quenda libre e de promoción interna: Instamos ao Ministerio para que corrixa a distribución de prazas entre quenda libre e promoción interna por incumprir o 30% establecido na LOPX (articulo 442.2), polo que deberían ofertarse 27 prazas para a quenda de promoción interna e 64 para a quenda libre, todo iso sen renunciar ao noso obxectivo de que se volva a recuperar o 50% de prazas para a promoción interna. - Que se permita a presentación dos opositores por ambas quendas. - A supresión do carácter selectivo do curso teórico-práctico, dándolle unha exclusiva natureza formativa. - Eximir do abono da taxa na promoción interna. - Que abonde obter o 50% da nota no primeiro exercizo para a conservación na seguinte convocatoria.. - Eliminación do exame oral, substituíndoo por un exercizo escrito. CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS A MÉDICOS FORENSES: Trátase das bases da convocatoria da OEP do ano 2015 que estaba pendente aínda. Convócanse un total de 70 prazas, das cales só 2 son para Galiza. A característica máis destacábel desta convocatoria é que, de forma excepcional, realizarase mediante o sistema de concurso-oposición. Segundo informou o Subdirector a convocatoria publicaríase no BOE nun prazo aproximado de mes e medio. Dende a CIG realizamos diversas alegacións na mesma liña que as realizadas para Letrados/as, como a supresión do carácter selectivo do curso teórico-práctico, avaliar os exercizos coa lexislación vixente na data de convocatoria ou a redución ao 50% da nota necesaria para a conservación dos exercizos na seguinte convocatoria. OUTRAS CUESTIÓNS: Sindicalmente indicóuselle ao ministerio a necesidade de abordar a negociación e solución doutras cuestións pendentes; como a acumulación de OPES, a convocatoria de procesos específicos de promoción interna, abono o 100% das retribucións nas substitucións, cotizacións á seguridade social anteriores ao ano 1990, negociación definitiva de como vai quedar a situación dos rexistros civís, informatización xudicial, etc. Cuestións sobre as que non se ofrecía resposta algunha e respecto das que dende a CIG requirimos o inicio de forma urxente e inmediata das mesas de negociación oportunas para ir avanzando na súa solución. PROCESOS SELECTIVOS EN VIGOR: Respecto da data de incorporación dos novos funcionarios, manifestáronnos que os de promoción interna poderían comezar a tomar posesión cara mediados do mes de febreiro e que no caso da quenda libre adiaríase cando menos ata o mes de marzo. [email protected] 981182589 [email protected] 982889035 [email protected] 988687412 [email protected] 986803979 [email protected] 986817836

657768693 635607376 639921202 615828798 679742583 630236549 668843048

www.cig-xustiza.blogspot.com

Folla informativa Madrid 12-01-2017.pdf

a recuperación da reserva do 50% das prazas vacantes para a promoción interna en todos os corpos. ao servizo da xustiza, incluíndo o Corpo de Letrados/as.

330KB Sizes 5 Downloads 143 Views

Recommend Documents

04-05-2016 Folla informativa NOX en Ourense -EVERIS.pdf ...
04-05-2016 Folla informativa NOX en Ourense -EVERIS.pdf. 04-05-2016 Folla informativa NOX en Ourense -EVERIS.pdf. Open. Extract. Open with. Sign In.

GUIA INFORMATIVA CAMP APRENENTATGE FORMENTERA.pdf ...
Sa pizza (només per emportar) 971323223. Restaurant Pa i vi 971323223. Cafeteria San Francisco 971322213. Hostal Bahia (al port de la Savina) 971322142. TRANSPORT EIVISSAFORMENTERA. Informació horaris barques i companyies: (Preus especials per resi

informativa privacy.pdf
Page 1 of 1. Informativa. ai sensi dell'art. 13 del Codice in materia di protezione dei dati personali. (d. lgs. n. 196/2003). Ai sensi dell'art. 13 del d.lgs. n.

CAFE DE MADRID-La Esperanza (Madrid. 1844). 29-12-1866 ...
... pa- san mas allá del mes de febrero. .1 Nuestro colega añade que los intereseé ^aüaá. do 200.000,000, distribuidos entre mas Je cincuen- ta rail tenedores ...

CIRCOLARE INFORMATIVA JEWELLERY EXPORT LAB.pdf ...
CIRCOLARE INFORMATIVA JEWELLERY EXPORT LAB.pdf. CIRCOLARE INFORMATIVA JEWELLERY EXPORT LAB.pdf. Open. Extract. Open with. Sign In.

Informativa Privacy_Cremonini Attiva_ita.pdf
Privacy - "Disciplinare tecnico in materia di misure minime di sicurezza". Cookie. Segnaliamo che l'App non utilizza in alcun modo cookie, nè cookie di profilazione, vale a dire cookie volti a creare profili. relativi all'Utente, generalmente utiliz

Madrid [email protected] London F
Legal and Economic Information to Understand Private Placement. Programs and ... These credit-issuing banks, though, impose strict requirements on borrowing, ..... just in a security house but they do not have an SKR from the bank. It´s not.

Circ. Informativa 2017.pdf
Page 2 of 8. Offerta ICE-Agenzia. La sessione di incontri B2B prefissati, si terrà presso un Hotel di. Salerno il 20/03/2017. Successivamente alla raccolta delle ...

metro madrid pdf
File: Metro madrid pdf. Download now. Click here if your download doesn't start automatically. Page 1 of 1. metro madrid pdf. metro madrid pdf. Open. Extract.

Madrid [email protected] London F
The Exit Buyer's Bank authenticates signatures, verifies compliance with the Purchase. Contract, and ..... International Banking Regulation, Law Policy & Practice.

Group - Spain - Madrid/Barcelona.pdf
There was a problem previewing this document. Retrying... Download. Connect more apps... Try one of the apps below to open or edit this item. Group - Spain ...

real madrid vs atletico final.pdf
Livechions league. drawchelsea, bayernmunich, realmadrid. Cl qfatletico madrid vs realmadrid. Watch copa delrey realmadrid vs.atletico madrid soccer live.

Madrid vista da Berlino.pdf
Sull'altro lato, Maicon ed Eto'o sembrano in grado di proporsi con. pericolosità, anche se Altintop sembra onnipresente. Infatti, al minuto 62, Van Gaal. lo toglie.

PDF The Real Madrid Way
Publisher : BenBella Books 2016-10-11 q ... challenges the conventional wisdom that moneyball-fueled data analytics are the primary instruments of success.

Dubrovnik – Madrid Flight 3: Madrid – San Francisco -
Flight 3: Madrid – San Francisco. 2 adults ... One way. Multi-city. Seoul (all airports). DBV Dubrovnik. Sat, Oct 18 ... Call Air France to book: 1-800-237-2747.

CSM-Hoja Informativa 06-2015.pdf
Please enter this document's password to view it. Password incorrect. Please try again. Submit. CSM-Hoja Informativa 06-2015.pdf. CSM-Hoja Informativa ...

real madrid vs barcelona xvid.pdf
... the apps below to open or edit this item. real madrid vs barcelona xvid.pdf. real madrid vs barcelona xvid.pdf. Open. Extract. Open with. Sign In. Main menu.

Ficha-informativa-mod-1001-21-prado-verde.pdf
Try one of the apps below to open or edit this item. Ficha-informativa-mod-1001-21-prado-verde.pdf. Ficha-informativa-mod-1001-21-prado-verde.pdf. Open.

UGT NOTA INFORMATIVA RPT CHG 14 2.pdf
Whoops! There was a problem loading more pages. Retrying... Whoops! There was a problem previewing this document. Retrying... Download. Connect more ...

CSM-Hoja Informativa 04-2017.pdf
There was a problem previewing this document. Retrying... Download. Connect more apps... Try one of the apps below to open or edit this item. CSM-Hoja ...

Gacetilla Informativa 1 (1) 2015.pdf
Page 2 of 32. Whoops! There was a problem loading this page. Retrying... Gacetilla Informativa 1 (1) 2015.pdf. Gacetilla Informativa 1 (1) 2015.pdf. Open. Extract.

Gacetilla Informativa PCMA 1 (2) 2015.pdf
Dr. Andrés Palmerio. Fundación Temaikèn. PCMA. Page 3 of 3. Gacetilla Informativa PCMA 1 (2) 2015.pdf. Gacetilla Informativa PCMA 1 (2) 2015.pdf. Open.

Hoja Informativa EPL Nº 4658.pdf
Iniciativa del Poder Ejecutivo atenta contra la descentralización educativa. Especialistas de educación critican proyecto de Ley presentado con carácter de urgencia. Tras que el Presidente de la República, Alán García y el Presidente del Consejo de M

Segunda Circular SEPHE MADRID 2014.pdf
La cena de clausura y confraternización no está. incluida en el precio de la inscripción. El ingreso de la cuota de inscripción deberá realizarse en la siguiente ...